Letra: Julián Hernández
Música: Julián Hernández, Javier Soto, Segundo Grandío, Ángel González
Onde vas rapaz, pregunta miña nai
cando marcho da casa sen ver a televisión
onde vas rapaz, pregunta o profesor
cando marcho da clase sen dar explicación
onde vas rapaz, pregunta o meu pai
cando saio pola porta co meu amplificador
e todos os veciños andan a preguntar
¿onde vas rapaz?
Vou para o local se teño que berrar
so penso en esquecer as vosas caras de pailáns
no inverno a depresión cúrase con distorsión
no inverno a tristura cúrase con R'nR
a mi tanto me ten o que pensen os demais
eu fago ruido so para molestar
non penso responder cando volvades preguntar
¿onde vas rapaz?
Onde vas rapaz? sempre a mesma canción
eu so quero decibelios eu so quero R'nR
teño todo o dereito a ter esta depresión
aínda que o meu pai dí que non e bo
Onde vas rapaz? sempre a mesma canción
eu so penso na desfeita eu so quero destrucción
o ruido afoga os berros do meu pai
"Para quieto neno, iso non se fai!"
Onde vas rapaz pregunta o meu irmán
que tampouco comprende a miña angustia vital
onde vas rapaz di o municipal
cando o meu carro de bolas corre a mais non dar
¿onde vas rapaz? ¿onde vas rapaz?
¿non poden preguntar algo mais orixinal?
non penso responder cando volvades preguntar
¿onde vas rapaz?
As veces pregúntome que vou facer
con nada que gañar e todo que perder
as veces pregúntome que vou facer
se de vello son coma vos é mellor morrer
as veces as veces xa non podo mais
o volumen da guitarra está a punto de estoupar
non ó penso baixar nin vos oio preguntar
¿onde vas rapaz?
Onde vas rapaz? sempre a mesma canción
eu so quero decibelios eu so quero R'nR
teño todo o dereito a ter esta depresión
aínda que o meu pai dí que non e bo
Onde vas rapaz? sempre a mesma canción
eu so penso na desfeita eu so quero destrucción
o ruido afoga os berros do meu pai
"Para quieto neno, iso non se fai!"
Es necesario estar registrado y logueado para poder comentar.
Si deseas acceder como usuario, hazlo desde la página de login, si deseas registrarte hazlo desde la página de registro.
Grabada en Fussion (Vigo) por Javier Abreu, otoño de 1994. Producida por ST para "Xabarín Club" (TVG). Voz de Xabarín.