Letra


Vendoche o xornal no quiosco do lado
se non che asusta o meu aspecto é porque vou camuflado
non non fai falta ter imperdibles nas orellas
non non tes porqué levar o pelo de cor vermella
Hoxe son un punk
e mañá xa verei
Non teño nada que facer
pero fareino como eu sei
Hoxe son un punk
e mañá xa verei
Non sei o que quero pero sei como acadalo
penso bailar pogo no quiosco sen desmaio
este ano marcharei de vacacións a Camboia
e senón de bronca punkie irei as festas de Coia
Hoxe son un punk
e mañá xa verei
Non teño nada que facer
pero fareino como eu sei
Hoxe son un punk
e mañá xa verei
(Recitado)
Pai : Adios rios, adios fuentes, adios regatos pequeños...
Pepito: ¡Cala xa papá! Non amoles con cousas vellas e
deixame escoitar os Sex Pistols.
Pai: Pero Pepito hijo, los Sex Pistols también son viejos y
la poesía de Rosalía es... hermosa.
Pepito: Papá, vai rañala. Sid Vicius, destroy!
Pai: Acouga, Pepito, acouga
O R'nR é un timo e non o saben os meus pais
que escoitan abraiados aos Beatles e aos Dire Straits
gaño cartos co caos pero non teño futuro
anarkia no quiosco en Galicia e no Mundo
Hoxe son un punk
e mañá xa verei
Non teño nada que facer
pero fareino como eu sei
Hoxe son un punk
e mañá xa verei

Es necesario estar registrado y logueado para poder comentar.

Si deseas acceder como usuario, hazlo desde la página de login, si deseas registrarte hazlo desde la página de registro.

Grabaciones en las que sale este tema

¿Quiénes Somos? ¿De Dónde Venimos? A Dónde Vamos?

2002 / LP

Grabada en Fussion (Vigo) por Javier Abreu. Producida por ST para Xabarín Club (TVG). Suso Iglesias: Voz del padre de Pepito.