Asemblea Nacional aprobou a súa utilización por ‘motivos humanitarios’ ―suponse que é un método fulminante e indoloro― e para que a pena de morte fose ‘igual para todos, sen distinción de rangos ou clase social’. O estilizado deseño foi do doutor Antoine Louis e a súa fabricación encargóuselle a Tobias Schmidt, fabricante alemán de clavicordios. Por se isto último non fora xa suficiente, estamos ante un símbolo da Ilustración, o século das Luces de Alejo Carpentier e o momento histórico no que a música culta sae dos pazos e os mosteiros para uso e gozo da burguesía laica. Hoxe a icona da un novo salto social e simboliza o traspaso da música contemporánea ó proletariado que somos os músicos na España do século XXI. Se un patíbulo moito máis cruel e primitivo, a cruz, ten sobrevivido como símbolo durante dous longos milenios, non hai razón para supoñer que non pase o mesmo coa guillotina e a nova música culta que LAND OF OPPORTUNITY encarna dende o mesmo momento da súa concepción. Ninguén que non teña algún motivo non declarado pode sentirse ameazado con este logotipo. Pola mesma razón, cando alguén pregunta, con sorriso nervioso, que a quen vai dirixida a letra da canción Que les corten los huevos, debemos concluir que estamos ante a persoa á que en efecto está dirixida a mensaxe.
SiniestroTotal, nalgún lugar de Galicia, 2011.