O proxecto LAND OF OPPORTUNITY nace dunha proposta do Taller Atlántico Contemporáneo (T.A.C.) a Siniestro Total: percorrer xuntos un territorio descoñecido para presentalo no festivalVia Stellae 2011de Santiago de Compostela. Se, nalgún momento, a cultura pop achegouse á música contemporánea (é o caso de Frank Zappa con Pierre Boulez ou o Ensemble Modern; e os alemáns Can con Stockhausen), en LAND OF OPPORTUNITYo percorrido é á inversa: é a música contemporánea a que da o primeiro paso para achegarse á cultura pop. Este movemento inédito do T.A.C.―con Diego García Rodríguez, o seu director musical, á cabeza― é, baixo calquera punto de vista, unha xogada mestra de xadrez. O prestixio alcanzado en moi pouco tempo polo T.A.C. no mundo da música contemporánea basease, xunto ó virtuosismo musical máis esixente, nos seus criterios decididamente abertos á hora de afrontar o seu traballo, e condúcelle a Siniestro Total, un grupo pop con amplitude de miras no musical (punk, blues, rock, soul, pop...) e vocación integradora que abarca tamén o visual (portadas de Oscar Mariné, Mikel Garay ou Xulio Daspastoras, colaboracións con Alex de la Iglesia e Mikel Clemente) e o literario, con guiños constantes ás vangardas do século XX (dadaísmo, surrealismo, situacionismo).
Diego García Rodríguez, director do T.A.C., propuxo no seu día que o compositor Javier López de Guereña exercera de timoneiro polo tempestuoso mar dos pentagramas así como de elemento aglutinador de LAND OF OPPORTUNITY, opción que foi inmediatamente aceptada con alegría polas partes implicadas. A estreita colaboración, durante estes meses, entre López de Guereña e Siniestro Total resultaron nunha suite sinfónica contemporánea baseada no repertorio da banda galega ―dende os clásicos ata cancións máis recentes― sen autocompracencias nin fáciles“arranxos” que “dulcifiquen” o material orixinal. Moi ó contrario: trátase dun proceso de (re)creación que amplía dito repertorio ata unha visión multidimensional do mesmo. Unha canción escrita especialmente para a ocasión (Bota sobre tierra ignota), a inclusión de breves intervencións faladas ―que van narrando o que vai ocurrindo sobre fondos musicais orixinais de López de Guereña― e a posta en escena con 20 músicos (5 de Siniestro Total e 14 do T.A.C., máis a dirección de Diego García Rodríguez) completan a estrutura xeral de LAND OF OPPORTUNITY.
Os ensaios xerais de LAND OF OPPORTUNITY terán lugar os días 5, 6, e 7 de xullo de 2011 na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, gracias á colaboración no proxecto da Fundación Illa de San Simón, e serán retransmitidos en streaming por Internet. Os internautas poderán opinar e comunicarse cos autores e intérpretes.
A estrea de LAND OF OPPORTUNITY terá lugar o 15 de xullo de 2011 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, Galicia) ás 21.30 horas dentro do festival Via Stellae.
A música contemporánea recupera con esta singular suite a súaposición de vangarda nun momento culturalmente apático e urxentemente necesitado de risco, criterio e solidez a partes iguais.
LAND OF OPPORTUNITY coincide có XXX Aniversario de Siniestro Total, dando así unha dimensión nova ó traballo da banda que foxe, unha vez máis, dos tópicos do rock para adentrarse nun territorio sonoro e literario absolutamente novidoso no panorama nacional e internacional. Estamos ante un acontecemento musical singular que, probablemente, sexa o máis importante de Galicia nos últimos tempos dada a calidade dos intérpretes e o entorno conceptual no que se moven.